jueves, 31 de mayo de 2012

'El intruso' do Equipo Crónica



Dende algunha das obras do Equipo Crónica podes analizar a etapa do Franquismo dun xeito máis axeitado.
El intruso, 1969
A figura do comic "El Guerrero del Antifaz" superponse ó Guernica (1937, P.Picasso) entrando tamén outra figura e a cor no guerreiro morto... Aquel comic foi un dos máis populares da década dos anos corenta, tempo de miseria e da fame, trala Guerra Civil e da Guerra Mundial. Época de forzada autarquía económica aillamento político do Primeiro Franquismo (1939-1959), na súa primeira fase. Foi unha creación de Manuel Gago en 1944, para a Edit. Valenciana. A súa publicación durou vinteún anos.

O Equipo Crónica foron do máís representativo do Pop Art en España. Estaba formado principalmente por Manuel Valdes (1942) e Rafael Solbes (1940-1981).

Aprende /e/ desfruta.

0 comentarios:

Publicar un comentario